RIBEIRA SACRA
Un día de excursión polas terras da famosa viticultura heróica, Rivoira Sacrata… unha das paisaxes culturais máis fermosas do mundo
Visitas fixas:
– Percorrido en catamarán polos canóns do Sil e pola ribeira do Miño
– Visita e degustación de viños D.O. Ribeira Sacra nunha adega da bisbarra
– Visita a algún dos distintos miradoiros para desfrutar das espectaculares vistas da zona
Visitas variables: vila de Monforte de Lemos, centros de artesanía e/o mosteiros románicos
Duración da excursión: 8-10 horas
Servizos fixos: Transporte en vehículo privado (coche, furgoneta, minibús ou autobús) ós lugares incluidos na excursión, percorrido en catamarán, visita á adega e calquera das outras visitas opcionais mencionadas
Servizos opcionais: guía acompañante durante todo o percorrido, reserva de almorzo e/ou xantar en restaurantes, calquer outro tipo de servizo turístico baixo petición