22/11/2017 - Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega na nosa excursión polas terras do Eo

Como xa sabedes, o pasado sábado fómonos de excursión á Vía Verde do Eo con moita xente de moitos países: Arxentina, Brasil, Portugal, Grecia, Italia, Chile, Turquía, Francia, Uruguai, Reino Unido, Perú, Alemaña, México…

Deste último país, máis concretamente do estado de Tamaulipas, procede o noso querido e cada vez máis famoso estudante e youtuber Luís Vega. Conquistounos fai un mes coa súa reportaxe da nosa excursión ó Fuciño do Porco, e nesta ocasión regálanos outro gran vídeo para o recordo: a nosa viaxe a través dos municipios da Pontenova, San Tirso de Abres (Asturias), Trabada e Ribadeo.

Aproveitamos para animarvos a todos a seguir a súa formidable canle de youtube… non vos arrepentiredes! Mil grazas de novo, Luís, polo teu gran traballo de divulgación!