O noso nome fala por nós: Galicia Infinita, unha axencia de viaxes para Galicia e dende Galicia!

Máis de 35 anos operando no sector do transporte, a maior parte deles coidando do Camiño de Santiago, e dende o ano 2015 ofrecendo os nosos servizos coma axencia de receptivo.

Somos a segunda xeración dunha empresa que camiña cara o medio século de historia, e a nosa meta é facer da experiencia un mérito e da innovación unha máxima.

Estamos aquí para promocionar Galicia, para facilitarlle a vida ós viaxeiros, e para aportar o noso graíño de area neste mundo tan fermoso que é o das viaxes, as aventuras e o descubrimento…

Galicia Infinita! Unha axencia do grupo Cyberagencias