10/05/2018 - A miña experiencia con Galicia Infinita

Ola de novo a todos e todas. Quería contarvos sobre a miña experiencia realizando prácticas con Galicia Infinita, a cal me está resultando positiva. Galicia Infinita é una axencia de viaxes xove e dinámica, que ten unha carteira de clientes fidelizados, que xa son como un gran grupo de amig@s, aínda que acolledor e aberto a posibles novas persoas que se queiran unir, nunca sentíndose desplazadas, tal e como me está a ocorrer a min. Quedan para ir de excursión, pasar un fin de semana ou máis tempo por Galicia, España e incluso polo estranxeiro. Ademais de todo isto a empresa organiza excursións e viaxes por distintas zonas de Galicia personalizadas para particulares, o camiño de Santiago para aqueles que desexen facelo, transfers, etc.

Nestes momentos, estou en pleno proceso de aprendizaxe do funcionamento da empresa, pero para as dúbidas que me van xurdindo conto co asesoramento de Guido, o meu titor de prácticas, e Jose, polo que non se me está a facer complicado. Ademais, son comprensivos e están abertos a novas propostas de viaxes e suxerencias que se lles poida facer. Aceptaron a miña proposta dunha excursión á enxebre “XXVII Feira do Viño de Vilachá”, e deixáronme encargarme da súa promoción e participar activamente en gran parte da súa organización. Tanto nesta como noutra excursión que se vai realizar próximamente. Moitos dos participantes na excursión expresáronnos as súas ganas de repetir a experencia connosco en posteriores edicións, o cal foi toda unha satisfacción persoal.

 

 

En canto á primeira viaxe como guía-acompañante ás Illas Cíes estaba un pouco nerviosa, era a responsable dun dos dous autobuses que se precisaron para chegar ata alí, pero enseguida se foron disipando despois de haberme presentado ante o grupo e expoñer o programa do día. Foi un luxo o grupo que me tocou, ninguén deu nin o máis mínimo problema, e a conductora, Lidia, encantadora. Estivemos conservando durante gran parte do traxecto sobre a súa vida laboral, xa que foi unha das primeiras camioneiras en Galicia e España, e contoume anécdotas que me resultaron curiosas e moi interesantes.

 

 

Unha vivencia moi enriquecedora!

 

Iria Zeltia Pita Lorenzo

Técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas