03/05/2017 - Lugo: unha cidade nunha Reserva da Biosfera

 

Poucas urbes no mundo e a única capital ibérica que goza deste privilexio.

 

Garza Real en el río Miño (Foto: Guido Álvarez Parga)

Garza Real no río Miño (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

A miúdo distinguimos a Lugo pola súa condición de cidade bimilenaria, por ser a primeira capital de Galicia, pola súa muralla única no mundo, ou pola enorme cantidade de vestixios históricos cos que conta no seu haber. Pero menos veces é mencionada outra condición que distingue á urbe lucense a nivel europeo e case mundial… o ser unha cidade (e de 100.000 habitantes) situada dentro dunha Reserva da Biosfera UNESCO.

 

Petirrojo europeo en Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Paporroibo en Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

Terras do Miño foi declarada no ano 2002 como “unha paisaxe cultural tradicional con moitos hábitats naturais de gran importancia” e está considerada a segunda reserva máis grande de toda a Península Ibérica. Tamén é unha das que teñen unha maior densidade de poboación e unha maior cantidade de patrimonio histórico: dentro dela atópanse 3 Patrimonios da Humanidade (Muralla Romana, Camiño Francés e Camiños do Norte) e 2 bens declarados dentro dos Camiños (as catedrais de Lugo e Mondoñedo).

 

Amanecer en el Puente Romano de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

Amencer na Ponte Romana de Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

Segundo as bases de datos, 123 especies animais diferentes concéntranse neste territorio. As aves son o grupo predominante, pero non o son menos tanto os mamíferos, como os reptís, anfibios, peixes e invertebrados.

 

Cigüeña en las proximidades del Miño (Foto: Guido Álvarez Parga)

Cegoña nas proximidades do Miño (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

É tamén destacable o número de especies vexetais: a reserva inclúe un gran número de especies protexidas tanto pola normativa comunitaria (Directiva Hábitat), nacional (Catálogo Nacional de Especies Ameazadas) e autonómica (Catálogo Galego de Especies Ameazadas).

 

Las orillas del río Miño en Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

As beiras do río Miño en Lugo (Foto: Guido Álvarez Parga)

 

Aquí vos deixamos un vídeo para deleitarvos coa riqueza ecolóxica e histórica de Terras do Miño… un formidable compilado de imaxes que persoalmente emocióname moito cada vez que o vexo. Que marabilla poder vivir aquí! Que lugar fantástico! Que non vos asusten os 27 minutos de duración… veredes que engancha!

 

 

Terras do Miño, un privilexio e un atractivo máis desta cidade da que tanto vos falamos, e á que tanto vos animamos a vir visitarnos…

 

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985)

Guía Oficial de Turismo de Galicia, axente de viaxes en Galicia Infinita e colaborador do xornal Galicia Confidencial

www.guidoalvarezparga.com