14/05/2018 - Inicio prácticas de Lucie Tourkia

Boa tarde! Chámome Lucie, son francesa, aínda que teño raíces galegas e veño a España para realizar as prácticas correspondentes aos meus estudos de BTS turismo. A miña lingua materna é o francés, pero exprésome correctamente en varios idiomas: portugués, español, galego, árabe e inglés.

Elixín Galicia como destino xa que, durante os tres meses nos que estaréi aquí, gustaríame coñecer mellor a rexión da que provén parte da miña familia. Terei a oportunidade de facelo nas  excursións organizadas pola axencia. Realicei prácticas en “Nouvelles Frontières”, unha axencia de viaxes de Niza, polo que conto con experiencia previa. Así, podería aproveitala para aportar os meus coñecementos en Galicia Infinita.

Agardo encaixar ben no equipo de traballo e que as miñas prácticas sexan positivas para todos! Vémonos na excursión do próximo sábado!