24/04/2018 - Inicio de prácticas de Iria Zeltia Pita Lorenzo

Boa tarde a todos e todas. Chámome Iria e vou a realizar as prácticas do curso Promoción Turística Local e Información al Visitante en Galicia Infinita durante as vindeiras tres semanas. Son licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e técnico superior en Guía, Información y Asistencias Turísticas polo CIFP Manuel Antonio de Vigo.

Son unha persoa á que lle gusta traballar en equipo, planificar viaxes, descubrir novos lugares, o turismo cultural, a natureza e o sendeirismo, así que agardo encaixar nesta xa gran familia de Galicia Infinita e aprender moito de todos/as vós!