Galicia Infinita acompáñavos na vosa peregrinaxe a través do Camiño Primitivo. A máis antiga das rutas a Santiago, a que Alfonso II de Asturias percorreu alá polo século IX. Patrimonio Mundial da Humanidade dende o ano 2015.

A nosa proposta estrela é a opción “4 etapas 3 noites a pé dende Lugo”, pero ofrecémosvos os nosos servizos para acompañarvos dende calquera dos puntos deste Camiño, incluido o máis lonxano deles a Santiago: a cidade asturiana de Oviedo.

 

CAMIÑO PRIMITIVO ESTRELA: Dende Lugo (102 km)

CAMIÑO PRIMITIVO COMPLETO: Dende Oviedo (321 km)

CAMIÑO PRIMITIVO EN GALICIA: Dende A Fonsagrada (133 km)

 

 

PAQUETE BÁSICO GALICIA INFINITA: aloxamento en albergues + recollida en aeroportos/estacións de Galicia e traslado a punto de inicio + recollida en Santiago e traslado a aeroportos/estacións de Galicia

 

SERVIZOS OPCIONAIS:

– Aloxamento en establecementos de maior categoría (hostais, pensións, hoteis, turismo rural)

– Noites de aloxamento extra en punto de inicio e en Santiago

– Excursións Galicia Infinita en vehículo privado para individuais, parellas ou grupos

– Traslado de equipaxes en todas aas etapas para non cargar pesos durante as camiñadas

– Transfers aeroportos/estacións de toda España e Portugal

– Contratación de guía acompañante para todo o camiño

– Visitas guiadas en Oviedo, Lugo e Santiago

– Seguros de viaxe

– Kit do peregrino (credencial, mini-guía, concha, bastón, gorro, chuvasqueiro)