Galicia Infinita acompáñavos na vosa peregrinaxe a través do Camiño Francés. A máis popular das rutas, e pola que chegan peregrinos dende todo o continente. Patrimonio Mundial da Humanidade dende o ano 1993.

A nosa proposta estrela é a opción “5 etapas 4 noites a pé dende Sarria”, pero ofrecémosvos os nosos servizos para acompañarvos dende calquera dos puntos deste Camiño, incluído o mais lonxano de eles a Santiago: a localidade francesa de Saint-Jean-Pied-de-Port.

 

CAMIÑO FRANCÉS ESTRELA: Dende Sarria (115 km)

CAMIÑO FRANCÉS COMPLETO: Dende Saint-Jean-Pied-de-Port (814 km)

CAMIÑO FRANCÉS EN GALICIA: Dende O Cebreiro (155 km)

 

 

PAQUETE BÁSICO GALICIA INFINITA: aloxamento en albergues + recollida en aeroportos/estacións de Galicia e traslado a punto de inicio + recollida en Santiago e traslado a aeroportos/estacións de Galicia

 

SERVIZOS OPCIONAIS:

– Aloxamento en establecementos de maior categoría (hostais, pensións, hoteis, turismo rural)

– Noites de aloxamento extra en punto de inicio e en Santiago

– Excursións Galicia Infinita en vehículo privado para individuais, parellas ou grupos

– Traslado de equipaxes en todas aas etapas para non cargar pesos durante as camiñadas

– Transfers aeroportos/estacións de toda España e Portugal

– Contratación de guía acompañante para todo o camiño

– Visitas guiadas en Burgos, León e Santiago

– Seguros de viaxe

– Kit do peregrino (credencial, mini-guía, concha, bastón, gorro, chuvasqueiro)