Galicia Infinita acompáñavos na vosa peregrinaxe polo Camiño do Norte. Unha das rutas máis turísticas, a que percorre toda a costa cantábrica da Península Ibérica. Patrimonio Mundial da Humanidade dende o ano 2015.

A nosa proposta estrela é a opción “7 etapas 6 noites a pé dende Mondoñedo”, pero ofrecemos tamén os nosos servizos para acompañarvos dende calquera dos puntos deste Camiño, incluído o máis lonxano deles a Santiago: a localidade vasca de Irún.

 

 

CAMIÑO DO NORTE ESTRELA: Dende Mondoñedo (160 km)

CAMIÑO DO NORTE COMPLETO: Dende Irún (875 km)

CAMIÑO DO NORTE EN GALICIA: Dende Ribadeo (199 km)

 

PAQUETE BÁSICO GALICIA INFINITA: aloxamento en albergues + recollida en aeroportos/estacións de Galicia e traslado a punto de inicio + recollida en Santiago e traslado a aeroportos/estacións de Galicia

 

SERVIZOS OPCIONAIS:

– Aloxamento en establecementos de maior categoría (hostais, pensións, hoteis, turismo rural)

– Noites de aloxamento extra en punto de inicio e en Santiago

– Excursións Galicia Infinita en vehículo privado para individuais, parellas ou grupos

– Traslado de equipaxes en todas aas etapas para non cargar pesos durante as camiñadas

– Transfers aeroportos/estacións de toda España e Portugal

– Contratación de guía acompañante para todo o camiño

– Visitas guiadas en San Sebastián, Bilbao, Santander, Gijón, Avilés e Santiago

– Seguros de viaxe

– Kit do peregrino (credencial, mini-guía, concha, bastón, gorro, chuvasqueiro)