Transxacobeo servizos ó peregrino

 

Para facer a túa experiencia máis fácil e cómoda, ofrecémosche unha serie de servizos entre os que poderás escoller:

TRANSPORTE DE MOCHILAS: Ofrecemos o transporte de mochilas nas diferentes etapas do camiño de maneira rápida, fácil, segura e económica. Ademais, tamén xestionamos o transporte en grupo, que abarata moito os custos. Este servizo facilita ó non ter que levar todas as pertenzas.

SERVIZO DE TAXI: Ofrecemos o máis completo servizo de taxi ó longo do camiño. Vehículos dende 5 a 8 pradas adaptándonos ás túas necesidades de transportes auxiliares en ruta.

SERVIZO DE ACOMPAÑAMENTO: Se así o desexas poderás contar cun coche de apoio que te acompañará durante toda a ruta. Axudarache no translado de mochilas, bicicletas ou calquera outra equipaxe e ademais poderá socorrerte en calquer lugar do camiño. Ofrecemos tamén avituallemento (neveira con bebida e frutas) en varios puntos de cada etapa. Un servizo ideal para grupos.

TRANSFER AEROPORTO: Se chegas en avión non dubides en poñerte en contacto con nós. Podemos recollerte e levarte ó punto do camiño onde queiras comezar. Da mesma forma, recollémosche ó terminar e levámosche ó aeroporto dende o que teñas programado o teu voo.

TRANSPORTE DE BICIS: Se queres facer o camiño en bicicleta ofrecémosche traslados teus con bicicleta a onde necesites. Ás veces a situación dos camiños non te permitirá utilizala, non te preocupes, nós encargámonos dela.