06/10/2017 - Galicia Infinita únese ó proxecto Coworking Lug2

 

O vindeiro luns comezaremos a traballar neste espazo de traballo colaborativo situado no Complexo Lug2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4, en Lugo). Moi ilusionados!

 

 

Este proxecto, tal e como se define na súa páxina web, consiste nun “espazo flexible que conecta, xera, comparte, enlaza e trata de dar visibilidade e proxección ao talento creativo de Lugo|Galicia. Un proxecto aberto e sempre en construción que nace da necesidade de facer medrar e fortalecer un dos nosos compromisos coa mocidade: a creatividade. Para iso, nace no Lug2 un espazo onde poder traballar, crear e conectar unha sinerxia de ideas entre persoas con talento e onde poder compartir unha nova forma de traballo”.

A partir de agora agardámosvos por aquí!