Un día de excursión polo norte galaico, a Galicia máis verde, a Galicia de Maeloc

 

Visitas fixas:

– Praia das Catedrais, recoñecida nos últimos años en diversos rankings como unha das 10 máis fermosas do mundo

 

– Mondoñedo: unha das antigas 7 capitais de Galicia e parada obrigatoria do Camiño Norte a Santiago. Dentro deste itinerario cultural a súa catedral está recoñecida pola UNESCO, dende o ano 2015, como Patrimonio da Humanidade 

 

Visitas variables: catedral de San Martiño (a máis antiga da Península Ibérica), e/ou vila de Ribadeo

 

Duración da excursión: 8-10 horas

 

Servizos fixos: Transporte en vehículo privado (coche, furgoneta, minibús ou autobús) ós lugares incluidos na excursión, xestión da reserva para visitar a prais das Catedrais e visita á catedral de Mondoñedo

 

Servizos opcionais: guía acompañante durante todo o percorrido, reserva de almorzo e/ou xantar en restaurantes, calquer outro tipo de servizo turístico baixo petición