09/09/2018 - EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS E PONFERRADA (23/9/2018)

 

O domingo 23 de setembro visitamos O Bierzo, e como non podía ser doutro xeito, a Paisaxe Cultural das Médulas – unha gran mina de ouro inxeniada polos romanos e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO- e Ponferrada, Conxunto Histórico que garda o impresionante Castelo dos Templarios.

 

 

No prezo inclúese o transporte, a visita guiada interpretativa polo Circo das Valiñas, guíaa acompañante e o seguro de viaxe.

Non perdas a oportunidade de coñecer a mina de ouro máis extensa do mundo antigo!

INFORMACIÓN E RESERVAS:
 678 93 64 98 (dispoñible tamén a través de whatsapp)
 info@galiciainfinita.com