09/09/2018 - Excursión a Fuciño do Porco e Viveiro (sábado, 15 de setembro de 2018)

O vindeiro sábado 15 de setembro volvemos a Viveiro e ao Vicedo, onde vos ofrecemos distintas opcións das que gozar como:
– Fuciño do Porco ,e as súas pasarelas con impresionantes vistas a cantís e salvaxes praias.
– O complexo de Cerámica Regal-Xunqueira, instalado no edificio dunha antiga curtiduría, e reconvertido en tenda, museo da cerámica e do coiro (visita libre e gratuíta).
– O miradoiro de San Roque, con preciosas vistas sobre a ría.
– O casco antigo de Viveiro, de orixe medieval e declarada conxunto histórico artistico.
– O paseo fluvial do Río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). En total 7 km de dificultade fácil.
– O Souto da Retorta, Monumento Natural, co seu famoso “avó”, un eucalipto entre os máis grandes e con máis perímetro de Europa.

Inclúe transporte, seguro de viaxe e guía acompañante, animádesvos a acompañarnos?
INFORMACIÓN/RESERVAS:
 678 93 64 98 (dispoñible tamén a través de whatsapp)
 info@galiciainfinita.com