01/10/2017 - Catro continentes na Ribeira Sacra

 

Estudantes de Brasil, Arxentina, Chile, México, Xordania, India, Túnez e Reino Unido despediron connosco, na Ribeira Sacra, o mes de setembro.

 

 

Un grupo moi variado! África, Norteamérica, Sudamérica, Oriente Medio, Europa, Asia Meridional…

Saímos todos ben cedo de Lugo para desfrutar dun fermoso día nas terras da Viticultura Heróica.

 

 

 

A primeira hora fixemos unha visita ás adegas de Regina Viarum, referentes da D.O. Ribeira Sacra.

 

 

Máis tarde visitamos o miradoiro de Souto Chao ou do Vendimador (famoso pola súa gran escultura).

 

 

Posteriormente o de Pena do Castelo, onde fixemos unha pequena ruta a pé e onde tamén aproveitaríamos para facer o noso picnic. Unha boa convivencia á hora de xantar!

 

 

Xa pola tarde o prato máis agardado do día… o paseo en catamarán polos Canóns do Sil! Excelentes explicacións da guía da Deputación de Lugo e un solazo radiante para desfrutar ó máximo desta preciosa ruta fluvial de 26 km.

 

 

Por último unha paradiña en Monforte de Lemos para un xeado/café a carón dos Escolapios… e volta a Lugo!

 

 

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985)

Guía Oficial de Turismo de Galicia, axente de viaxes en Galicia Infinita e colaborador do xornal Galicia Confidencial

www.guidoalvarezparga.com