11/11/2017 - A Ulloa: viaxe ó centro de Galicia con gregos, estonianas e portugueses

 

Un sábado máis marchando de excursión, desta vez a unha comarca chea de historia e simbolismo para Galicia.

 

 

Inspiradora para Emilio Pardo Bazán, berce do segundo río máis caudaloso de Galicia, ubicación de cantidade de pazos e casas señoriais, parada obligatoria nas rutas máis importantes do Camiño de Santiago… A Ulloa é, como din algúns, unha Galicia en miniatura (aínda que sen mar).

 

 

Hoxe fómonos descubrila acompañados por persoas de Grecia, Estonia e Portugal… boa mestura! Comezamos o noso itinerario no precioso templo de Vilar de Donas, igrexa do século XII que nos explicou o seu marabilloso custode Don Jesús García, recentemente homenaxeado, aos seus 90 anos, polo seu traballo de divulgación do patrimonio palense.

 

 

Máis tarde fómonos descubrir o castelo de Pambre, xoia medieval galega (construído no século XIV) e reaberto ao público recientemente tras unha gran rehabilitación que rematou no pasado 2016.

 

 

Cando saímos do castelo fómonos facer unha ruta natural, concretamente a das Torrentes do Mácara (rápidos e cascadas no río Ulla). Formidable!

 

 

Tras comer en Monterroso, xa de volta a Lugo, fixemos dúas paradas. A primeira: Castomaior! Un castro do municipio de Portomarín e que foi habitado entre os séculos IV a.C. e I d.C.

 

 

Rematamos o día en Portomarín! Preciosa localidade pola que pasa o Camiño Francés cara Santiago : ) Mañá anunciarémosvos a excursión do próximo sábado 18!!

 

 

Guido Álvarez Parga (Lugo, 1985)

 

Guía Oficial de Turismo de Galicia, axente de viaxes en Galicia Infinita e colaborador do xornal Galicia Confidencial

 

www.guidoalvarezparga.com